Proposta didáctica: “Indigenous First Nation’s art through the work of Norval Morrisseau”

A miña proposta didáctica está baseada nun pintor indíxena co fin de dar visibilidade non só a este tipo de arte senón tamén a esta cultura tan descoñecida para gran parte do mundo.

Esta idea xorde a raíz dunha visita a National Art Gallery na que tiven o pracer de ver moitas obras dentro do denominado arte indíxena. Se ben  podería ter escollido outro artista, quizais Norval Morrisseau me pareceu o idóneo polo seu tratamento da realidade e da cultura.

A continuación podedes ler unha breve biografía así como os rasgos máis relevantes da súa obra:

Norval Morrisseau, tamén coñecido como Copper Thunderbird, foi un artista indíxena canadense coñecido como “o Picasso do Norte”. Naceu no ano 1932 na reserve de Sand Point Ojibwe preto de Beardmore, Ontario.
Seguindo a tradición Anishnaabe, foi criado polos seus avós maternos. O seu avó era un chamán que lle aprendeu as tradicións e lendas da súa cultura, mentres que a súa avoa era unha católica devota que lle deu a coñecer o cristianismo. Este contraste entre as dúas relixións foi un factor que influiu o seu desenvolvemento como artista.
Aínda que a fama se fixo esperar, é un referente dentro da arte indíxena norteamericana. Fundou a famosa Woodlands School of Canadian Art, así como formou parte do Indian Group of Seven.
Morreu no ano 2007 afectado pola enfermidade de Parkinson.
A súa obra
Morrisseau foi un pintor autodidacta que desenvolveu o seu propio estilo. Dado que viviu parte da súa vida nun lugar remoto e aillado, non se viu influenciado polo estilo doutros artistas.
Inicialmente pintaba especialmente na cortiza das árbores, en coiro e nas pedras pero ao longo da súa vida empregou todo tipo de materiais e superficies.
Na súa obra representou as lendas da súa xente, as súas loitas existenciais e o seu profundo misticismo e espiritualidade.
As tradicións e crenzas dos Anishinaabeg, tamén chamados Ojibwa, foron silenciadas pola igrexa e o Estado durante varias xeracións e el deulles visibilidade. Pode dicirse que foi un embaixador da súa cultura.
Moitas das súas pinturas teñen animais, humanos ou seres fantásticos  como protagonistas. Entre os temas máis recurrentes da súa obra atopamos a natureza, os seres, a transformación, as ceremonias, a dor e a emigración.
Algúns elementos que tenden a estar  presentes nestas pinturas con coloridas figuras son a troita sagrada, o espíritu do castor, as aves como os gansos, os chamanes ou a lúa conxelada de novembro.
Ademáis das características xa mencionadas, cómpre salientar o uso de certa simboloxía como as transformacións ou a simultaneidade, isto é, as representacións dunha figura humana ou un animal con dúas siluetas ao mesmo tempo, sendo a máis frecuente a combinación dunha forma humana cun paxaro. Outra singularidade reside no reflexo do interior dos seres como se dunha radiografía con raios- X se tratase co fin de mostrar a vida espiritual interior. O uso de liñas de comunicación entre humanos e animais  indica a interdependenza nas relación entre o home e a natureza. Por último, a miúdo se poden ver nas súas obras círculos divididos e conectados por liñas que se comunican entre si. Estes círculos simbolizan a dualidade presente no mundo: o bon e o malo, a noite e o día, o ceo e a terra, etc.
Trátase dun artista singular e moi influínte, predecesor da arte indíxena canadense contemporánea.

Algúns exemplos que serven para ilustrar os principais rasgos da súa obra son: 

Misipeshu
Birds with fish
Mother earth
Animal world
Balance
Bears with children

Fish with eggs
Animal unity

The great eagle

Sacred beaver

Thunderbird

Turtle island

Sacred bear

Shaman


Mother and child


Nocturnal reflections

The great mother

Escollín un cadro diferente para cada grupo do que despois de presentarlles ao artista e as súas principais características, o alumnado fixo a súa propia versión.

Aínda que moitos/as de vós xa veríades a exposición resultante desta proposta didáctica, a continuación podedes ver algunhas imaxes.




Ademáis das actividades propias da área de Arts and Crafts previstas, co fin de que o alumnado se familiarizase con este fermoso país, levouse a cabo unha presentación con algúns dos datos máis relevantes. A continuación podedes vela.



Espero que vos gustase tanto como a mín levala a cabo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario