Datos curiosos sobre Canadá


Canadá é unha democracia parlamentaria federal dirixida polo Primeiro Ministro, actualmente Justin Trudeau. Non obstante, tamén é unha monarquía constitucional coa raíña británica como xefa do estado. Consecuentemente, a devandita democracia parlamentaria ten tres partes: a Soverana (Elisabeth II), o Senado e a House of Commons.


O lema que se pode ver na imaxe do escudo de enriba "A mari usque ad mari", significa "De mar a mar" e fai referencia a xeografía canadense.

A moeda utilizada é o dólar canadense que xunto a outros poucos países, tiveron en conta a súa distinción para invidentes incluíndo marcas táctiles nos seus billetes. A continuación móstranse os billetes e moedas en curso:




O país está organizado en dez provincias e tres territorios, sendo as provincias: Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan, Manitoba, Ontario, Quebec, Illa do Príncipe Eduardo, Terranova e Labrador, Nova Escocia e Novo Brunswick; e os territorios: Yukon, Territorios do Noroeste e Nunavut.


 A capital de Canadá, Ottawa, é a segunda capital máis fría do mundo despois de Moscú.


Canadá destaca por infinidade de cousas pero moitas delas teñen que ver co seu tamaño: é o segundo país máis grande do mundo, conta con seis zonas horarias e alberga tamén a rúa (Yonge Street con 1896 Km), a autopista  (Trans-Canada highway con 7604 km) e a fronteira internacional máis longas do mundo.

Tamén relacionados coa súa xeografía cómpre mencionar que é o país do mundo con máis superficie costeira e con máis lagos que o resto do mundo xunto. Ademáis posúe 3 (Baffin Islands, Victoria Island e Ellesmere Island) das 10 illas máis grandes do mundo.

En canto a enerxía é o terceiro país principal productor de petróleo do mundo, o primeiro de uranio e o segundo de enerxía hidroeléctrica.

É o país do denominado "primeiro mundo" que máis medra dada a súa política de multiculturalidade e diversidade cun total de máis de 250 orixes étnicas diferentes. Dos 37 millóns de canadenses, 1.400.000 son aboríxenes ( First Nation "Indian" People, Métis e Inuit). Porén, é o país con menor densidade de poboación, da que 9 de cada 10 canadenses se concentran a menos de 200 km da fronteira cos Estados Unidos



Tamén é o país con máis habitantes con educación superior (máis da metade ten algún título universitario), con só o 1% de poboación analfabeta.

Pese a que os aboríxenes son unha minoría, a influencia indíxena forma parte da realidade diaria dos canadenses con xogos, costumes e invencións tales como a canoa, as raquetas de neve, o trineo, o lacrosse, os tótems, o tabaco e mesmo o sirope de arce.

Outras invencións canadenses que influiron no resto do mundo dignas de mención son o teléfono (Alexander Graham Bell), o baloncesto (James Naismeth),  a moto de neve (Joseph- Armand Bombardier), o xogo do Trivial Pursuit (Scott Abbot e Chris Haney), os cines IMAX (Graeme Ferguson), a cremalleira (Whitcomb Judson) ou a insulina (Dr. Frederick banting e Charles Best)


Os símbolos nacionais son popularmente coñecidos: o castor é o animal nacional; o hockey e o lacrosse son os deportes nacionais; a folla vermella da famosa árbore do arce comezou a ser o símbolo máis representativo e utilizado a partir de 1965, ano no que comezou a formar parte da bandeira, sustituindo á anterior.

Non nos podemos esquecer do famoso himno "O Canada" que podedes escoitar e mesmo cantar co vídeo que se mostra a continuación.


Teñen un forte sentimento nacional e de unidade que se ve reforzado na celebración cada 1 de xullo do "Canada Day", conmemorando a creación de Canadá (a unión das actuais catro provincias de New Brunswick, Nova Scotia, Ontario e Québec) mediante o Constitution Act de 1867.



No que a gastronomía se refire, son os maiores consumidores de macaroni and cheese e donuts do mundo. Tamén contan coa maior produción de sirope de arce (maple syrup) que tenden a acompañar de tortitas (pancakes)entre outros usos. Quizais o plato máis popular sexa o poutine consistente nunha mestura de patacas fritidas, anacos de queixo e unha salsa chamada gravy.


Por último, dada a natureza exuberante deste fermoso país, cuxa metade da superficie (que non é pouca...) está cuberta por bosques, os cales, por certo, constitúen un 10% da superficie mundial, cómpre mencionar a flora e a fauna máis típica.



Entre as árbores predominan os cedros, os pradairos, os carballos e os piñeiros. Os animais mais comúns son o popular castor, o oso polar, o caribú, o reno, o alce, o cervo, o oso pardo, o lobo, o puma, as baleas, o esquío, o ganso e infinidade de patos entre os que merece especial mención o simbólico "loon", que aparece na moeda de dólar.


Espero non tervos aburrido con esta información e que, polo menos, saibades algo máis sobre este extenso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario